Quen somos

Quen somos

ACL (Almacén Central de Libraría) é unha empresa do Grupo Elkar. O Grupo Elkar está presente en toda a cadea de valor do libro, abarcando dende a edición, pasando polas editoriais que conforman o maior grupo editorial do País Vasco, ata a distribución, tanto xeral como exclusiva, así como a súa propia rede de 18 librarías.

Todas as librarías do grupo contan co Selo de Calidade de Librarías, outorgado polo Ministerio de Cultura en 2017.

A sede central de ACL atópase en Aduna, a 15 quilómetros de San Sebastián. Alí dispón dun centro loxístico de máis de 20 000 m² en planta, un silo robotizado con capacidade para 10 000 palés e as tecnoloxías máis avanzadas aplicadas á xestión de existencias e á distribución de libros. Esta infraestrutura permite ofrecer un servizo de entrega en 24 horas en toda a península.

ACL xestiona unha ampla dispoñibilidade de referencias e conta cun equipo de máis de 15 persoas en telemarketing, así como 25 representantes comerciais distribuídos por toda a península, co obxectivo de ofrecer un servizo de aprovisionamento integral ás librarías e aos editores.

O modelo de distribución de ACL combina a distribución por xunto coa distribución en exclusiva, poñendo ao servizo desta última un equipo de vendas específico, así como a máxima capilaridade que fornece a propia rede de vendas xeneralista. Asemade, as entregas diarias a miles de puntos de venda en toda España favorecen unha rápida reposición dos catálogos en exclusiva, xerando sinerxías operativas e económicas en beneficio do editor.
elkar_aduna.jpg 228.76 KB
Que ofrece ACL ao editor?

A maior rede de vendas ao servizo do editor

ACL pon a disposición do editor a maior rede de vendas especializada na comercialización do libro en España. Un equipo formado por máis de 25 técnicos comerciais que garante unha cobertura directa do 100 % do mercado, en todas as canles de venda e en todo o territorio nacional.

Estrutura comercial:

·         Delegacións en Madrid, Barcelona, Valencia, Murcia, Sevilla e San Sebastián
·         Equipo de vendas específico para editores en exclusiva (librarías A e GGCC).
·         Equipo de vendas por xunto (librarías B y C).

Servizos loxísticos

A oferta de servizos loxísticos de ACL adáptase ás necesidades de cada editor e abrangue desde a externalización completa da operativa ata a colaboración en procesos específicos ligados a distintos tipos de produto, mercados ou canles de comercialización.

Servizos de impresión

Moi próxima á plataforma loxística atópase Leitzaran, unha imprenta integral pertencente ao Grupo Elkar con máis de 20 anos de experiencia no sector gráfico. Conta con infraestruturas e medios técnicos que lle permiten producir internamente toda a tipoloxía de produtos demandada polo mercado: libros (rústica, tapa dura, wire-o, espiral, fresados, etc.), revistas, catálogos e papelaría, controlando todo o proceso de principio a fin. Para iso, dispón de equipos de impresión offset e impresión dixital. As editoriais en distribución exclusiva benefícianse de formulas de financiamento adaptadas ao ciclo comercial do produto. 

Aplicacións de xestión ao servizo do editor

Transparencia e información ao servizo do editor

A cobertura directa do mercado por parte de ACL permite pór a disposición do editor un elevado nivel de información e control sobre o comportamento do seu catálogo. O editor pode coñecer en detalle a evolución das súas vendas, mantendo a rastrexabilidade completa do produto desde o seu lanzamento ata a súa colocación no punto de venda, con total transparencia.

Este acceso a información fiable e actualizada facilita a toma de decisións comerciais, editoriais e loxísticas baseadas en datos reais. Para iso, ACL pon a disposición do editor un conxunto de ferramentas de xestión, control e análise plenamente integradas no proceso comercial.

GESEDI
 Software integral de xestión de editoriais e distribución. Permite a supervisión do proceso comercial nun único entorno de traballo, que inclúe inventario, vendas e depósitos, con análises por punto de venda, canle e área xeográfica. Totalmente integrado con EDI e SINLI, dispón dun xerador de informes exportables a formatos Excel, PDF e CSV.
gesedi_logo.jpg 2.38 KB
QlikView
Ferramenta de Business Intelligence orientada á analítica guiada de datos, que permite visualizar e analizar a información comercial de forma dinámica, facilitando a detección de tendencias, a comparación de períodos e a avaliación do rendemento do catálogo.
qlik_logo.jpg 7.9 KB
Power BI
Plataforma avanzada de análise e visualización de datos que ofrece cadros de mando que se poden personalizar e que son accesibles en tempo real. Permite o editor dispor de indicadores clave de negocio (KPIs) adaptados ás súas necesidades, mellorando o seguimento de
vendas, existencias e rotacións.
pbi_logo.jpg 5.78 KB
ERP interno
Ferramenta de desenvolvemento propio orientada á execución operativa de ordes de pedido e á implantación de produto no mercado. Está plenamente integrada con SINLI e EDI, garantindo así a coherencia e fiabilidade da información en toda a cadea comercial.